Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación de Pontevedra

ANFACO, O MELLOR DA SOCIEDADE CIVIL, CREADORA E EMPRENDEDORA, DE GALICIA

Falar de Anfaco é falar do mellor da sociedade civil, creadora e emprendedora, de Galicia.

Dunha sociedade que foi, é, e será un dos piares fundamentais para o desenvolvemento da nosa Comunidade. Dunha entidade que demostra, dia a dia, que Modernidade e Tradición non son, nin poden ser, termos contrapostos, senón complementarios para poñer en valor os extraordinarios recursos da nosa terra.

Porque esta centenaria asociación integra a máis de 200 empresas do sector industrial transformador de produtos de pesca e da acuicultura. Tén unha dimensión internacional, con asociados en países de Europa e Latinoamérica. E sempre foi sinónimo de calidade, de innovación e de internacionalización.

Esto fai de Anfaco é a bandeira da transformación dos produtos de mar dende Vigo e dende as Rías Baixas que son, á súa vez, a bandeira da pesca en Galicia pois a cidade olívica é o primeiro porto pesqueiro de Europa.

En Vigo naceu, en 1904, a Unión de Fabricantes de Conservas de la ría de Vigo, antecedente da actual Anfaco-Cecopesca, e ese feito supuxo un antes e un despois para este importante sector da nosa economía.

Baste decir, para demostralo, que hoxe a Conserva sigue a ser un sector clave na nosa provincia. Non só pola súa longa tradición senón tamén porque as empresas conserveras, radicadas nela, converten a Pontevedra no primeiro exportador de conservas e mariscos de España, cunha facturación de máis do 50% do total español. Algo que non só da conta da súa importancia actual senón tamén das súas grandes expectativas de futuro.

Por todo esto, a Deputación de Pontevedra respalda e apoia decididamente ao sector, aos seus traballadores e a Anfaco-Cecopesca. Na certeza de que por eles pasa boa parte do noso presente e, sin dúbida, do noso futuro.